A actividade, que se desenvolveu durante o último ano en Lugo e Monforte de Lemos, estivo dirixida preferentemente a persoas desempregadas migrantes, menores de 30 anos, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión.
O delegado salientou a importancia de contar con profesionais cualificados para fortalecer o sector hostaleiro, explicando que este tipo de accións formativas axústanse ás necesidades do tecido produtivo.
O programa ofertou cursos centrados en especialidades da hostalería como identificación de alérxenos, manipulación de alimentos, auxiliar de cociña, axudante de camareiro, cociña sa e protocolo, ademais de concienciación sobre reciclaxe.
O alumnado tamén recibiu formación en competencias dixitais, atención ao cliente e técnicas de busca de emprego, xunto con orientación e asesoramento personalizado.




