A Delegación Territorial de Lugo foi o escenario hoxe da presentación desta iniciativa deportiva, organizada polo club Fouce Pádel. O campionato contará con tres categorías: masculina, feminina e mixta.
Ademais das competicións, o evento incluirá servizos de restauración, sorteos e actividades de animación para participantes e público. O delegado territorial, Alfonso Villares, destacou o interese de promover actividades de ocio vinculadas ao deporte que fomenten a convivencia e os hábitos de vida saudables.




