O torneo, organizado polo Club Xadrez Ourensán Universitario coa colaboración da Universidade de Vigo e o Concello de Ourense, contou coa participación de 62 persoas, superando o límite inicial de 60 prazas. A competición disputouse polo sistema suízo a 5 rondas, cun ritmo de 60 minutos máis 30 segundos por xogada, sendo válido para Elo Fide.
A organización destacou o alto nivel competitivo do torneo, con 47 xogadores con ráting Fide. Ademais do gañador, Manuel Enríquez Pardo, o subcampión foi Brian Gómez Domínguez e o terceiro clasificado Marcos Reza Salgado.
Gabriel Leirós Fernández foi o primeiro clasificado sub 1700, mentres que Rafael López Villapol acadou o primeiro posto sen Elo. Rodrigo Arias Pérez recibiu o galardón ao mellor clasificado do club organizador.
Os premios foron entregados por Miguel Reza, do club organizador, e Aníbal Pereira, tenente alcalde de Ourense.




