Desde primeira hora da mañá, a alcaldesa mantivo encontros cos representantes do comité de empresa e da xunta de persoal do Concello de Lugo, incluíndo membros de diversos sindicatos como CC.OO., UGT, USO, CIG e CSIF. Nestas reunións, a rexedora expresou a súa vontade de establecer unha relación baseada no diálogo e na colaboración permanente cos traballadores municipais.
“"Traballar coordinadamente, atender as súas demandas e resolver as súas peticións tiveron o primeiro oco da miña axenda."
A rexedora recoñeceu a importancia do persoal municipal como “peza fundamental para mellorar o funcionamento do Concello e a atención á cidadanía”, destacando o traballo realizado mesmo en departamentos con sobrecarga. Como primeiro paso, emprazou aos representantes sindicais a unha mesa de traballo a próxima semana para abordar as demandas máis urxentes, como a carreira profesional e a modificación da Relación de Postos de Traballo.
Ademais das reunións co persoal, a xornada incluíu un complexo traspaso de poderes cos membros do goberno saínte, PSOE e BNG, onde a nova alcaldesa mostrouse disposta a manter compromisos adquiridos previamente, como o programa Muralleando. A axenda tamén contemplou a súa presenza na Mesa Local de Seguridade, unha visita á marcha saudable da Asociación Contra o Cancro, un xantar de xubilación e a celebración dunha voda.
Non obstante, o inicio do mandato estivo marcado pola polémica retirada dunha bandeira de Palestina do balcón do Vello Cárcere, que levaba dous anos colocada. Esta decisión xerou críticas e motivou a convocatoria dunha concentración de protesta para o sábado por parte do grupo Lugo por Palestina.
“"O PP non leva nin cinco horas na Alcaldía de Lugo e a primeira medida é arrancar un símbolo solidario e pola paz. Non veñen a aportar nada a Lugo, veñen a destruír e a impoñer a súa doutrina."
Finalmente, a asociación Lugo Monumental xa remitiu á nova alcaldesa un documento coas necesidades máis urxentes do casco histórico, especialmente as relacionadas co proceso de peonalización do centro.




