A investigación, levada a cabo polo Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Subsector de Tráfico de Lugo, xurdiu a raíz da denuncia dun empregado da compañía. Este traballador alegou ser obxecto de ameazas para que incumprise de forma sistemática os tempos de condución e descanso establecidos pola lexislación vixente.
Os axentes obtiveron datos obxectivos dos rexistros dos tacógrafos e das tarxetas de condutor. Tras cruzar a información, a análise revelou un modus operandi no que, unha vez obtidas as tarxetas de forma irregular, os condutores eran supostamente obrigados a utilizalas para alterar os tempos de condución e descanso.
“"Esta situación poñía en perigo a propia seguridade viaria, ao verse obrigados a conducir vehículos de gran tonelaxe sen apenas descansos, ademais de atentar contra a seguridade e as condicións laborais dos propios condutores."
Esta práctica, que se prolongou durante varios meses, permitía á empresa evitar ser detectada en inspeccións de transporte, tanto en estrada como nas súas instalacións. A falsificación dos rexistros obrigaba aos condutores a realizar xornadas de condución extenuantes sen os descansos regulamentarios, o que representaba un grave perigo para a seguridade viaria e as condicións laborais.




