No encontro co alumnado de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Ingerto transmitiu a mensaxe de que "educar en igualdade é a forma de garantir unha Galicia mellor". Tamén se abordou a necesidade de que os mozos e mozas dispoñan das ferramentas para establecer relacións respectuosas e de bo trato, tanto no ámbito educativo como no social.
A responsable autonómica lembrou que a sensibilización das xeracións máis novas constitúe un dos eixos fundamentais de traballo para a Xunta de Galicia. Por iso, reafirmou o compromiso da Administración galega coa promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.




