Un octoxenario sufriu unha caída este luns na Rúa San Fernando da capital lucense ao tropezar cunha baldosa que presentaba un desnivel. O home, de 85 anos, sufriu un corte profundo no nariz e tamén erosións na cara e nos xeonllos.
O suceso tivo lugar pasadas as once da mañá nunha das rúas peonalizadas do centro da cidade. Varios transeúntes acudiron a auxiliar ao home antes da chegada dunha ambulancia asistencial do 061.
A baldosa coa que tropezou o octoxenario presenta un desnivel de uns cinco centímetros.
Axentes da Policía Local tamén se desprazaron ao lugar para levantar o correspondente atestado do accidente. Segundo testemuñas, a peza do pavimento tiña un desnivel duns cinco centímetros.
Este incidente súmase a outras caídas rexistradas durante as obras de peatonalización do casco histórico, algunhas das cales tiveron como resultado feridas de gravidade para os viandantes.




