O sinistro ocorreu na madrugada deste luns, cando o coche que conducía a vítima impactou contra un alicerce da autovía A-6. A causa do forte golpe, o condutor quedou atrapado no interior do turismo.
A Garda Civil de Tráfico alertou ao servizo de emerxencias 112 Galicia sobre as 2:20 horas. Ao lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Vilalba.
Os equipos de emerxencia tiveron que empregar material de excarceración para poder liberar ao ferido, que se atopaba atrapado no interior do vehículo. Unha vez rescatado, o persoal sanitario encargouse do seu traslado a un centro hospitalario.




