A embarcación local completou o percorrido de 200 metros cun tempo de 51.37 segundos. Por diante da clasificación situáronse o Real Círculo Labradores, que marcou 50.74 segundos, e o Club de Mar Ría de Aldán, que finalizou en 51.05 segundos.
Este resultado súmase aos éxitos acadados polo equipo durante a xornada do sábado, onde o club lucense conseguiu un ouro en open PD3 e un bronce na categoría sénior mixto. Ademais, na xornada de clausura, o equipo tamén participou na categoría open veterano, acadando a sétima posición.
Na clasificación xeral da Liga de Barco Dragón, o Cidade de Lugo mantense na terceira posición con 232 puntos, por detrás do Real Círculo Labradores e o Asturias Dragon Boat. Así mesmo, na Liga Iberdrola, o club ocupa o terceiro posto con 61 puntos.




