A colaboración inclúe a cesión gratuíta das instalacións do auditorio, que acollerá a xornada, así como un servizo de transporte urbano gratuíto para os residentes en Lugo que desexen asistir. O autobús partirá da Medusa ás 9.00 da mañá e regresará ao remate do evento.
A alcaldesa, Elena Candia, agradeceu á organización "o seu esforzo por deseñar un programa de tanto interese e relevancia que vai atraer xente doutras provincias ao noso municipio". Destacou a oportunidade de escoitar voces como as do doutor José Carlos Hernández Fernández, do campión do mundo de paracanoe, Nicolás Martínez Adega, e da doutora Marisol Soengas, referente na investigación en cancro e paciente.
Candia tamén subliñou a importancia das catro mesas redondas previstas sobre novos tratamentos, traballo e cancro, pacientes e efectos secundarios, así como dos catro talleres simultáneos sobre exercicio físico, sexualidade, coidado do coidador e nutrición, nos que se espera a participación activa das persoas con cancro e os seus familiares.




