En declaracións aos medios antes de participar na manifestación conxunta da UGT e de CCOO polo Primeiro de Maio na Coruña, Besteiro constatou que os que pretenden "entrar pola porta de atrás" no Concello tiveron que "saír pola porta de atrás" durante os altercados.
“"Curiosamente, os que pretenden entrar pola porta de atrás, onte tiveron que saír pola porta de atrás do Concello. A imaxe dio todo."
O líder dos socialistas galegos insistiu en que as protestas reflicten "a situación que se está vivindo en Lugo", onde a cidadanía rexeita de xeito "espontáneo" a moción de censura impulsada polo Partido Popular e unha concelleira tránsfuga.
Segundo Besteiro, esta reacción popular busca defender a vontade dos cidadáns expresada nas urnas e que se decidirá de novo "dentro dun ano".




