Aprobado o inicio de novos procesos de reestruturación parcelaria en Vilalba e Outeiro de Rei

O Comité Asesor de Lugo tamén avalou a continuidade dos traballos xa decretados en Arcos, Sobrada e San Lourenzo de Aguiar.

Aprobado o inicio de novos procesos de reestruturación parcelaria en Vilalba e Outeiro de Rei

Xunta de Galicia · 2026-11-19

O Comité Técnico Asesor de Reestruturación Parcelaria de Lugo aprobou o inicio de novos procesos de reorganización da propiedade en Vilalba e Outeiro de Rei, e referendou a continuidade dos traballos noutras áreas xa decretadas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, presidiu a reunión na que se emitiron informes favorables para os estudos previos en relación con novos procesos de reorganización da propiedade na parroquia vilalbesa de Román e nas de Folgueira, Matela, Vilela e Taboi en Outeiro de Rei.
Os membros do Comité deron o seu respaldo ao desenvolvemento destas áreas tras coñecer os informes sectoriais recompilados pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Unha vez recibido este aval, continuarase coa tramitación regulamentaria previa ao seu decreto.
Ademais, a xuntanza serviu para referendar a continuidade dos traballos na área xa decretada de Arcos, Sobrada de Aguiar e San Lourenzo de Aguiar, tamén en Outeiro de Rei. Neste caso, os técnicos informaron sobre a elaboración das bases de reestruturación e presentaron o Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria.
O órgano provincial, que coordina a participación de diferentes axentes implicados, contou coa presenza de representantes da Administración autonómica, estatal e local, así como de organizacións profesionais agrarias.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (19/11/2026)