Estas bolsas permitirán ao Concello contar con persoas candidatas para futuras contratacións temporais, cando sexa necesario cubrir baixas laborais, permisos, vacacións ou outras necesidades de persoal.
O prazo de inscrición é de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación no BOPPO (19/11/2026).
As bases e os requisitos pódense consultar na sede electrónica do Concello e tamén se facilitan ligazóns directas para as bases de cada praza.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través dos medios previstos na normativa administrativa, incluída a sede electrónica.




