Alumnado de Lugo gaña un premio autonómico de consumo responsable

Estudantes do IES Ánxel Fole de Lugo recibiron o terceiro premio na fase autonómica do certame Consumópolis.

Alumnado de Lugo gaña un premio autonómico de consumo responsable

Xunta de Galicia · 2026-11-20

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, recibiron hoxe en Santiago de Compostela a parte do alumnado do IES Ánxel Fole de Lugo, gañador do 3º premio autonómico do concurso Consumópolis.

O proxecto gañador, titulado "O recuncho do comercio", foi recoñecido no marco deste certame escolar que busca difundir e promover os valores do consumo responsable. O grupo, composto por estudantes e equipo docente, recibiu o galardón, dotado con 300 euros.
Ademais da entrega do premio, os asistentes participaron nun relatorio sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras e sobre a etiquetaxe de alimentos. Tamén levaron a cabo unha actividade práctica de arbitraxe e etiquetaxe nun supermercado simulado.
Estas accións forman parte das actividades da Escola Galega de Consumo, cuxo obxectivo é fomentar unha educación para un consumo máis consciente, crítico e responsable entre a cidadanía.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (20/11/2026)