Reclaman o arranxo urxente de fontes patrimoniais en Cee

A formación nacionalista de Cee insta ao goberno local a intervir nas fontes da Lagarteira e Xallas, que presentan un estado de abandono e deterioro.

Imaxe dunha fonte de pedra danada e descoidada.
IA

Imaxe dunha fonte de pedra danada e descoidada.

O BNG de Cee urxe ao goberno local a tomar medidas para restaurar as fontes da Lagarteira e Xallas, dous elementos patrimoniais que se atopan en estado de abandono e deterioro.

A formación nacionalista alertou sobre o mal estado da fonte da Lagarteira, onde unha das súas pedras apareceu desprendida, posiblemente debido ao impacto dun vehículo. Ante a falta de actuación por parte das autoridades, o grupo municipal presentará unha solicitude no concello para que se proceda ao seu arranxo antes de que a lousa poida desaparecer.
Así mesmo, os nacionalistas demandarán melloras na fonte-lavadoiro de Xallas. Segundo a súa valoración, o recinto e os seus arredores presentan un estado deplorable, o que fai necesaria unha intervención profunda para eliminar a maleza, mellorar o encintado dos muros de pedra e realizar unha limpeza exhaustiva do formigón e das escaleiras.

"Ambas as dúas fontes son parte do patrimonio ceense e deberían ser punto de atención continua por parte do goberno, cun mantemento correcto e meticuloso, e non o está sendo, como tampouco noutras instalación e bens patrimoniais do concello."

o portavoz do BNG