A actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Narón e a Asociación Sociocultural ASCM, busca sensibilizar sobre a importancia da inclusión social a través dunha xornada lúdica e colorida. Baixo o lema "1 km de diversión, mil cores, unha mesma causa: a inclusión", a andaina está deseñada para ser participativa por persoas con e sen discapacidade de todas as idades.
Os participantes atoparán puntos de lanzamento de pos de cores, elaborados a base de amidón de millo e específicos para este tipo de eventos. A organización habilitará a entrega de material a partir das 16:00 horas, cunha saída prevista para as 17:30 horas.
A inscrición ten un custo de 10 euros e inclúe un kit de agasallos. Para máis información e formalizar a inscrición, os interesados poden chamar ao teléfono 604 055 703, enviar un correo a info@ascmgalicia.org, utilizar o código QR dispoñible no cartel ou acceder á ligazón https://acesse.one/inscricionsandaina.




