As xornadas, que se celebran no local social de Piñeiros, están abertas á participación de calquera persoa interesada en coñecer as obras previstas. Técnicos municipais encargarase de explicar o alcance da intervención e de atender as consultas dos veciños sobre como quedará a vía e os cambios previstos.
A Deputación da Coruña destinará preto dun millón de euros a estas obras de humanización, que incluirán a dotación de beirarrúas, unha demanda histórica na zona, cuxa execución está prevista para o primeiro trimestre de 2027.
O calendario de xornadas informativas comezou o xoves 22 de outubro e continuará ata o luns 2 de novembro, con sesións en diferentes horarios para facilitar a asistencia da veciñanza. O Concello de Narón agarda unha ampla participación nestas citas co obxectivo de achegar a información e recoller achegas.




