Este notable logro reafirma a posición do grupo galego entre a elite mundial da danza. A competición reuniu a 24 equipos de 12 países, nun evento de alto nivel que comezou cunha rolda eliminatoria. As bailarinas naronesas superaron con solvencia esta fase, asegurando o seu paso ás semifinais e, posteriormente, á final, onde se enfrontaron aos seis mellores conxuntos.
Na gran final, equipos de Lituania, Italia, Hungría, Grecia e España (con dous representantes) loitaron polos primeiros postos. Finalmente, Lituania alzouse co campionato, mentres que Narón Kids conseguiu unha meritoria segunda praza, disputando o triunfo de forma moi axustada. O podio completouno o grupo anfitrión de Grecia, seguido de Italia (4º), Hungría (5º) e outro conxunto español de Valencia (6º).
O traballo realizado por estas deportistas é digno de recoñecemento, e felicitámolas por tan merecido resultado.
Ademais do éxito de Narón Kids, o club tamén desprazou a Grecia ao equipo Narón Girls na categoría Youth (de 16 a 18 anos), que amosou un gran nivel e estivo preto dos grupos punteiros da súa división. O Club de Baile Deportivo Narón quixo agradecer o apoio recibido das familias, compañeiros de club e do Concello de Narón, polo seu constante respaldo.




