A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da asociación Amigos do Órgano de San Xiao. O obxectivo do encontro foi coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abrir vías de colaboración.
Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona. O propósito é coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.




