A Universidade da Coruña (UDC), a través do seu Campus Industrial de Ferrol, organiza a cuarta edición do FESTALENT – Feira de Empresas e Talento. O evento terá lugar o xoves 29 de outubro, en horario de mañá (10:00 a 14:00) e tarde (15:00 a 18:00), no Pavillón Municipal de Esteiro. Participarán máis de 50 firmas, entidades e asociacións de Galicia e España, co obxectivo de dar a coñecer a súa actividade e facilitar o contacto co alumnado universitario que busca a súa primeira oportunidade laboral.
Impulsado polo Campus Industrial de Ferrol en colaboración coa Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o FESTALENT contará coa presenza de empresas como Abance Ingeniería, ALUMAN, Antea Group, Applus+, Armada, Cándido Hermida, CT Ingenieros, Detegasa, ElectroRayma, Finsa, Grupo Gabadi, Gauzón Ibérica, Genesal Energy, Gerca Acero y Metal, Ghenova Ingeniería, Grupo Intaf, Grupo Noa´s, Ibercisa, Indra, Invall, Grupo JRilo, Navantia, Nordés Ancín, Nordés Edge, Norvento Enerxía, Proxecto Shorewinner, PwC, Quest Global, Reganosa, STAC, Tecdesoft, Technip Energies Iberia, TechnoPro Hispania, Texas Controls, Voltan Group e Primark.
Ademais, haberá representación de asociacións clave como a Asociación Clúster Naval Gallego (ACLUNAGA), o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL), a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE Ferrolterra), a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME), o Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG), o Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Industriales de Coruña (COETICOR), o Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos (COIN), o Colegio Oficial de Graduados e Ingenieros Técnicos Navales (COGITN), a Bolsa de Emprego do Polígono de Carballo, COGAMI, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (Polos de Emprendemento), a Fundación ONCE Inserta Empleo, o programa Xuventude Mentoring e o Servizo de Emprego da Universidade da Coruña (UDC).
Os asistentes poderán coñecer os perfís profesionais demandados polas empresas e informarse sobre oportunidades laborais. A través dunha aplicación web, tamén poderán enviar os seus currículos e consultar ofertas de emprego e prácticas.
A xornada de clausura, que terá lugar ás 18:15 horas no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, contará coa conferencia "O poder das narrativas" impartida por Pablo Amade, fundador e director creativo de Morbo Brand Makers. Amade, con máis de 20 anos de experiencia en branding e formación en Londres, abordará a importancia das historias na construción de marcas e na conexión co público.
A inscrición para participar no FESTALENT é obrigatoria e realízase a través da páxina web https://campusindustrial.udc.es/es/festalent/. Os inscritos recibirán un código QR para acceder ao pavillón. O evento está aberto a alumnado universitario, de ciclos de Formación Profesional e ao público xeral interesado.




