A proba, que tamén inclúe o VIII Memorial Miguel Derungs Criado, forma parte da máxima categoría da Liga Galega de Traiñeiras. Dez embarcacións de toda Galicia competirán neste torneo que se desenvolve dende hai semanas.
Entre os participantes atópanse as tres escuadras da comarca: Mugardos, Narón e A Cabana-Ferrol. Estes equipos buscarán manter o seu bo nivel actual, reflectido na clasificación xeral da competición.




