O evento, que combina a competición deportiva hípica cunha programación de accións relacionadas co medio ambiente, a cultura, o compromiso social, a gastronomía e a promoción turística, abriu as súas portas hoxe. Tras o acto inaugural, as autoridades presentes realizaron un percorrido polas diferentes áreas do recinto.
Durante a visita, puideron desfrutar da destreza dos xinetes e amazonas que competiron no Trofeo Xunta de Galicia. A delegada territorial presidiu posteriormente a cerimonia de entrega de trofeos aos gañadores.




