A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na creación destes órganos, que buscan mellorar a calidade de vida dos traballadores do mar. A iniciativa, segundo a Consellería, pretende fomentar unha maior coordinación entre as administracións públicas, entidades sociais e organismos vinculados ao sector.
“"Permiten dar resposta ás necesidades reais da xente do mar e avanzar cara a un modelo portuario máis humano, seguro e sostible."
Os comités, cuxos encontros se celebraron na Autoridade Portuaria de Ferrol, sentaron as bases para a cooperación e o diálogo permanente. A súa función será promover servizos de apoio, acompañamento e a mellora das condicións de traballo e estancia dos profesionais nas dársenas galegas.




