A xornada, celebrada no Hospital Arquitecto Marcide e coa presenza da xerente da área sanitaria, Fernanda López, abordou temas como o envellecemento e o idadismo, promovendo a reflexión sobre a discriminación pola idade.
Luis León, representante da Consellería de Sanidade, recalcou que a humanización se constrúe diariamente en cada interacción co paciente e a súa familia, lembrando que a tecnoloxía non debe eclipsar a persoa detrás de cada procedemento.
“"A humanización constrúese cada día, en cada consulta, en cada habitación e en cada conversa cun paciente e a súa familia."
Os asistentes tamén reflexionaron sobre o papel dos pacientes como motores de innovación, a transformación organizativa e os desafíos da dixitalización no sistema sanitario galego.




