O evento reunirá a máis de 150 deportistas de elite nas categorías masculina e feminina dos circuítos júnior (JQS) e longboard (LQS), xerando unha gran expectación que deixou a medio cento de surfistas en lista de espera.
Na competición júnior (JQS) destacan figuras como o campión de Europa júnior da WSL, Alfonso Suárez; o campión do mundo sub-16, Dylan Donegan; Hans Odriozola, campión do mundo júnior ISA 2023; e a subcampioa de Europa júnior 2025, Carla Morera de la Vall. A representación galega inclúe a Teo García, Isidro de la Cal, Ana Piñón e Daniela Alonso, que contarán cunha 'wildcard'.
No circuíto de longboard (LQS), as atraccións principais serán o francés Edouard Delpero, o portugués Antonio Dantas —actual campión do festival— e as francesas Alice Lemoigne e Justine Dupont. Por parte galega, competirán Lola Bermúdez de Castro e Lago Formosel.
Ademais das competicións, o festival ofrecerá actividades paralelas como concertos gratuítos, entre eles o do músico Carlos Sadness o sábado 27, exhibicións de skate e zonas de arte urbano.
“"Buscamos xerar un espazo acolledor para competidores, familias, espectadores e a comunidade local."
O director do evento, Yago Barreto, agradeceu o apoio de patrocinadores como Gadis, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Ferrol.




