A actividade, dirixida a público familiar, dará comezo ás 20:00 horas. Trátase do cuarto espectáculo en solitario de Peter Punk, quen mantén a súa esencia de humor irreverente e demostra a súa madurez tras máis dunha década de traxectoria.
Na súa nova proposta, o artista afronta o seu fracaso co obxectivo de provocar a risa do público. O espectáculo inclúe rutinas como unha 'catedral de nove paraugas en equilibrio', o salto ao baleiro dun voluntario ou o 'Circuito da Morte', cun final que busca sorprender aos máis novos e facer reflexionar aos adultos.
Peter Punk preséntase como un pallaso optimista e olímpico que buscará a complicidade do público para superar as dificultades, unha metáfora dos tempos actuais. Esta iniciativa enmárcase no programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.




