A proposta, que combinou o son do acordeón diatónico, a frauta, o vídeo e a narración oral, debuxou a historia de Diniña, un emotivo reflexo da pegada da emigración galega que uniu simbolicamente as dúas beiras do Atlántico.
Esta actuación forma parte do ciclo «Outono das Artes», promovido pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ares, co obxectivo de achegar propostas culturais de calidade á vila.
“"Grazas a todas as persoas que vos achegastes a gozar desta fermosa viaxe musical e á Deputación por facer posible que as artes sigan latexando en Ares."




