A axuda, concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, provén da orde que busca impulsar unha rede de mercados excelentes en Galicia e revitalizar as prazas de abastos. O procedemento é o IN223A.
As actuacións subvencionadas inclúen a realización dunha diagnose sobre a situación e os usos actuais do mercado, así como o desenvolvemento de accións de mentoring e asesoramento comercial. O obxectivo é mellorar a competitividade e a profesionalización dos comerciantes.
O investimento total previsto para estas melloras na anualidade 2026 é de 16.735 euros. Desta cantidade, 12.400 euros son achegados pola Xunta de Galicia, mentres que os 4.335 euros restantes correspóndense coa achega municipal.
Con esta iniciativa, o Concello de Ares busca reafirmar o seu compromiso coa modernización do mercado, o fortalecemento do comercio de proximidade e a mellora dos servizos ofrecidos á veciñanza.




