As operadoras Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron que nas próximas semanas levarán a cabo en Ares o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente. Esta nova tecnoloxía permitirá á veciñanza de Ares gozar de conexións móbiles de alta velocidade, cunha mellor cobertura no interior dos edificios e unha maior extensión xeográfica.
Para garantir a compatibilidade desta nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera incidencia que poida afectar á recepción do sinal de televisión. O proceso de despregamento realízase de xeito progresivo por todo o territorio nacional.
O despregamento enmárcase no establecido no Real decreto 579/2019, do 11 de outubro, que liberou as frecuencias comprendidas entre os 694 e os 790 MHz (canles 49 a 60 da banda UHF), coñecido como Segundo Dividendo Dixital. Estas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para os seus servizos de nova xeración.
A nova rede móbil abre a porta a servizos e aplicacións innovadoras, ademais de ofrecer melloras significativas na velocidade de descarga e envío de datos, permitindo aproveitar ao máximo aplicacións en liña. A nova xeración de telefonía móbil mellora a cobertura en zonas con dificultades orográficas e aumenta a súa capacidade de penetración no interior dos edificios.
Esta nova xeración tamén facilita a incorporación de novos servizos no ámbito empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso das videochamadas. A maior cobertura proporcionada nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior dos edificios e permitirá ampliar a cobertura xeográfica de maneira máis eficiente.
Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos necesarios para garantir a compatibilidade entre a posta en marcha das emisións móbiles 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz e a recepción do sinal da TDT. Para iso, pon á disposición da cidadanía servizos gratuítos, incluíndo un procedemento correctivo tras a activación das estacións. A entidade xestionará e resolverá posibles incidencias sen ningún custo.
Para xestionar estes servizos, as persoas usuarias dispoñen dun teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e dunha páxina web: www.llega700.es.




