A cooperativa A Eira lanza un ano máis as súas axendas escolares en galego

A Eira S. Coop. crea unha colección de axendas escolares en galego, personalizables e elaboradas por unha psicopedagoga e un deseñador gráfico.

A cooperativa A Eira lanza un ano máis as súas axendas escolares en galego

A Eira S. Coop., cooperativa galega situada na Costa da Morte, lanza un ano máis a súa colección de axendas escolares en galego para o curso 2026-2027. A proposta combina deseño, mirada psicopedagóxica e personalización, e forma parte dun proxecto máis amplo que ofrece intervención psicopedagóxica, orientación académica e profesional, formación e servizos de deseño web.

A Eira S. Coop., cooperativa galega situada na Costa da Morte, lanza un ano máis a súa colección de axendas escolares en galego para o curso 2026-2027. As axendas nacen da unión entre dúas miradas complementarias: a psicopedagóxica e a do deseño, co obxectivo de axudar ao alumnado a organizarse mellor, planificar a semana, anticipar tarefas, preparar exames e gañar autonomía.
A colección está elaborada en galego e inclúe modelos para diferentes etapas educativas. Conta con espazos para anotar tarefas, datas importantes ou comunicacións entre familia e centro, e incorpora elementos relacionados coa organización persoal, as técnicas de estudo e a xestión emocional. Ademais, as axendas poden personalizarse para centros educativos, ANPAS, concellos, librarías e outras entidades.

"Desde a psicopedagoxía sabemos que a organización, a planificación e a autonomía non aparecen dun día para outro: entrénanse pouco a pouco. E son ferramentas clave para o éxito tanto a nivel educativo como persoal. Unha axenda clara e ben estruturada pode axudar ao alumnado a sentirse máis seguro e a xestionar mellor o seu traballo diario"

Carina Mouzo · Psicopedagoga de A Eira
A versión dirixida a rapaces e rapazas de maior idade incorpora, ademais, o acceso gratuíto a un curso en liña de técnicas de estudo para as persoas que compren a axenda. Este complemento está pensado para reforzar o seu uso con contidos prácticos sobre planificación, organización do tempo, preparación de exames, comprensión, memoria e hábitos de estudo.

"Queríamos que as axendas entrasen polos ollos, pero que tamén fosen prácticas. O obxectivo era crear un material agradable de usar, fácil de entender e útil durante todo o curso."

Oscar · Deseñador de A Eira
Máis alá das axendas, A Eira desenvolve servizos permanentes no ámbito da psicopedagoxía, a formación e o deseño dixital. Na área psicopedagóxica ofrece intervención individual e grupal para nenos, nenas e adolescentes, tanto de forma presencial en Cee como en liña. O servizo está dirixido a alumnado que necesita acompañamento no seu desenvolvemento académico ou persoal, así como a estudantes con dificultades de aprendizaxe ou necesidades de apoio na organización, a atención, a lectura, a escritura, o razoamento matemático ou as técnicas de estudo.
A intervención psicopedagóxica non se centra unicamente no rendemento académico. Tamén atende aspectos como a autoestima, a autonomía, a motivación, a xestión emocional, a toma de decisións e a orientación académica e profesional. Outra das pólas de traballo da cooperativa é a formación en distintas temáticas para alumnado, profesorado, familias e entidades.
A Eira tamén traballa no ámbito do deseño web. A cooperativa acompaña a asociacións, pequenos negocios, profesionais e iniciativas locais na creación de páxinas web e tendas en liña. Esta área comparte a mesma filosofía que os proxectos educativos: desenvolver propostas útiles, próximas, ben deseñadas e conectadas coa realidade do territorio.
Con esta nova colección de axendas escolares, A Eira reforza a súa aposta por unir educación, deseño e identidade. As axendas 2026-2027 xa están dispoñibles na súa tenda en liña: https://anosaeira.es/tienda/

Máis información

Visitar a web de A Eira

Contacto

Para máis información contacta con: info@anosaeira.es

Temas relacionados

axendas escolares galegasaxendas escolares en galegoaxendas personalizadasA Eirapsicopedagoxíatécnicas de estudodeseño webCosta da Morte

Noticias relacionadas