Acompañada pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, Pérez Iglesias puxo de relevo as oportunidades que ofrece Galicia para emprender, reflectidas nos proxectos atendidos polas 15 oficinas da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Salientou especialmente o valor do rural para impulsar iniciativas como os proxectos de coliving Anceu (Ponte Caldelas), Sende (Lobeira, Ourense) e iSlow, Laxe (A Coruña). Tamén destacou a rede de colaboración público-privada Ultreia, á que hoxe se adheriu El Palomar, co obxectivo de xerar sinerxías no ecosistema emprendedor galego.
El Palomar, que parte da rehabilitación dunha antiga casa de labranza conservando elementos orixinais e incorporando alta eficiencia enerxética, foi definido pola secretaria xeral como un nodo de conexión co territorio, o tecido empresarial e a sociedade.




