A través da Concellería de Igualdade, o Goberno local explicou que esta data constitúe unha oportunidade para defender os dereitos e a liberdade de todas as mulleres. A institución insta a toda a veciñanza a participar na cita, que se celebrará na Praza do Concello de Rodeiro a partir das 19:30 horas.
Na nota oficial, o Concello subliñou que a loita contra a violencia machista é unha responsabilidade colectiva. As institucións e a sociedade deben seguir traballando para construír un municipio máis xusto, igualitario e libre de violencia.




