A Consellería do Medio Rural informou da extinción do incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes. O lume, que se iniciou o pasado sábado ás 16,03 horas, afectou finalmente unha superficie total de 18,8 hectáreas.
Desta superficie total, 12,2 hectáreas corresponden a monte arborado e as 6,6 hectáreas restantes a monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse de forma acumulada un total de 3 técnicos, 24 axentes, 38 brigadas, 39 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural recorda a importancia de alertar sobre calquera incendio forestal chamando ao número gratuíto 085. Tamén se dispón da aplicación móbil ALume para avisar sobre lumes activos e dun teléfono anónimo, 900 815 085, para denunciar actividades delituosas relacionadas con incendios. A información actualizada sobre incendios de máis de 20 hectáreas está dispoñible na conta de X @incendios085.




