O evento, que conta coa organización de Sax Factory e o patrocinio da Xunta de Galicia, combina unha vertente formativa con diversas citas musicais integradas no Compostela Festi Sax 2026. As actividades teñen lugar principalmente no Conservatorio Profesional de Música de Santiago.
A programación inclúe concertos de entrada libre, como a actuación do Ensemble Galego de Saxofóns o luns 6 de xullo, e o recital do profesorado o martes día 7. Ademais, o Teatro Principal acollerá unha actuación da Banda Municipal de Santiago o xoves 9 de xullo.
Un dos eixes centrais da semana é o Concurso Ramón Guzmán, que celebra as súas finais nas seccións xuvenil e superior entre o mércores 8 e o venres 10 de xullo. O encontro pecharase o sábado 11 coa audición do alumnado e o concerto de clausura.




