O Lamañazo Rock volve ao instituto de Chantada

Alumnado de 4º da ESO organiza o festival que se celebrará este xoves con seis grupos musicais.

Imaxe dun grupo de mozos montando equipos musicais nun escenario dentro dun auditorio escolar.
IA

Imaxe dun grupo de mozos montando equipos musicais nun escenario dentro dun auditorio escolar.

O instituto Lama das Quendas de Chantada acolle este xoves unha nova edición do Lamañazo Rock, un festival organizado polo alumnado de 4º da ESO como parte do seu traballo de clase.

O festival, que combina a música coa aprendizaxe práctica da organización de eventos, celebrarase en diferentes espazos do centro educativo.
A organización correu a cargo dos estudantes de cuarto da ESO, coa colaboración dos profesores Juan Manuel Vázquez (Música) e Cristina Ouro Gómez (Expresión Artística).
Os concertos comezarán ás cinco da tarde no salón de actos coas actuacións de Lampreas (heavy rock) e Trobar do Caos (pop-rock).
A partir das seis, o novo auditorio xunto á carballeira acollerá a Maira y los Ratones (pop-rock) e The Black Lemmons (rock).
Finalmente, no escenario Biblioquendas, dende as sete da tarde, actuarán Menina (shoegaze) e CMA (ambiente electrónico experimental). Ademais, haberá un mercadillo na cafetería.