A intervención, que se financia a través dun convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia, comprende a apertura de gabias, o tendido de tubaxe de PVC e a construción de pozos de rexistro para adaptarse aos desniveis do terreo. Unha vez rematada a canalización, procederase ao recheo, compactado e á reposición completa do pavimento de asfalto e formigón afectado polas obras.
Esta actuación busca eliminar pozos negros, fosas sépticas e verteduras incontroladas nestas zonas, mellorando a salubridade e evitando focos de contaminación ambiental. O proxecto garante este servizo básico tanto para as vivendas existentes como para futuras edificacións.




