Os traballos consistiron na apertura das construcións para convertelas en espazos diáfanos e máis accesibles, permitindo o seu uso como merendeiros. Para harmonizar a estética coa contorna, recubríronse exteriores e interiores con madeira e substituíronse os tellados. A actuación completouse coa renovación integral da varanda de madeira do miradoiro, reforzando a seguridade e a imaxe do espazo.
O Concello fixo un chamamento ao civismo para garantir o mantemento das instalacións. A inversión financiouse a través dun convenio de colaboración entre a axencia Turismo de Galicia e o xeodestino Mar de Santiago, do que forma parte Valga.




