A intervención busca solucionar problemas de humidades, modernizar as instalacións e adaptar os espazos ás necesidades actuais de pacientes e persoal sanitario.
O proxecto inclúe o redeseño dos espazos asistenciais, coa ampliación da zona de urxencias, unha nova consulta de enfermería e un aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida.
Tamén se renovará a cuberta, mellorarase a envolvente do edificio con limpeza e tratamento hidrofugado das fachadas, e substituiranse fiestras e portas por modelos máis eficientes térmicamente. Ademais, instalaránse novos elementos de drenaxe.
No interior, actuaranse sobre o falso teito modular, pintaranse as estancias e colocarase un novo pavimento de linóleo sobre unha superficie de 222 m². A renovación tamén afectará ao cableado eléctrico, luminarias e radiadores, que serán substituídos por modelos de maior eficiencia.
Segundo o convenio, o Servizo Galego de Saúde achegará 150.000 euros do investimento autonómico. O acordo terá vixencia ata o 29 de decembro.




