A Policía Local de Betanzos (A Coruña) identificou dous menores como presuntos autores de danos nunha pantalla LED situada no parque de Cabildos, na zona vella da localidade. Segundo informou o Concello de Betanzos, os axentes localizaron aos implicados tras ser alertados por unha veciña.
Os feitos quedaron rexistrados tanto pola testemuña veciñal como polo sistema de cámaras de seguridade do propio parque. Este mobiliario urbano, que inclúe o mupi e un sistema de consignas intelixentes, fora instalado recentemente como parte do proxecto de construción do parque de Cabildos.
Non é a primeira vez que este elemento sufre actos vandálicos, xa que a pantalla xa fora obxecto doutro incidente similar hai uns meses.




