A actuación prevé a substitución do actual sistema de produción con gasóleo por un novo sistema de bombas de calor aire-auga reversibles e a renovación das terminais de climatización. Tamén se inclúe a independización da produción de auga quente sanitaria mediante aerotermia e a posta a punto da ventilación existente.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) busca con esta reforma mellorar as condicións ambientais, a salubridade e o confort tanto para os profesionais sanitarios como para os pacientes que acoden ao centro.
Ademais, a iniciativa pretende optimizar a eficiencia enerxética e a sostibilidade ambiental das instalacións sanitarias.
As empresas interesadas en participar neste procedemento de licitación teñen de prazo ata o vindeiro 25 de novembro para presentar as súas ofertas económicas e técnicas.




