A Xunta probará as sirenas de aviso en 41 presas galegas

As probas realizaranse o xoves e venres para familiarizar á poboación e comprobar o correcto funcionamento dos sistemas.

Imaxe dunha sirena de aviso nunha presa galega.
IA

Imaxe dunha sirena de aviso nunha presa galega.

A Xunta de Galicia realizará o vindeiro xoves e venres, 25 e 26 de xuño, probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas galegas.

O Goberno galego informou que o obxectivo destas probas é que a poboación das zonas afectadas e os medios e recursos adscritos ao plan Inungal se familiaricen co son das sirenas, ademais de verificar o correcto funcionamento dos sistemas de activación.
Durante as probas sonoras, activaranse máis dun centenar de sirenas distribuídas por todo o territorio. Estas accións contan coa colaboración dos titulares das infraestruturas hidráulicas, entre os que se atopan Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta e Augas de Galicia.
Tamén participará persoal da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, membros de Protección Civil dos concellos afectados e persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Ademais, activaranse as catro sirenas vinculadas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos situada en Xove.