A iniciativa busca poñer en valor a gastronomía local e dinamizar a hostalaría do municipio nunhas datas de gran afluencia, animando a veciñanza e os visitantes a percorrer os establecementos das dúas localidades. O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, convidou a participar e degustar as preparacións, destacando o traballo dos hostaleiros para poñer en valor estes produtos tradicionais.
Cada local preparou a súa propia oferta, que inclúe desde tapas ata menús completos. Entre as propostas destacan receitas tradicionais como o caldo de nabizas, lacón con nabizas ou o cocido, así como elaboracións máis innovadoras como champiñóns en salsa de nabiza, gambóns con nabizas ou codorniz con nabiza. O queixo tamén terá un papel protagonista en croquetas, tostas, empanadas, raxo en salsa de queixo ou sobremesas como a tarta de queixo e o queixo con marmelo.
En Curtis participan A Cantina, Bar Eladio, Bar Mesía, Bar Quintanilla, Café-Bar O Suizo, Casa Pepetín, Cervecería D'Cao, Express, Os Blancos, Parrillada Agarimo e Tapería Castiñeira. En Teixeiro súmanse á ruta Bar Dylan, Bar MG, Hostalería Sabino, Mandaboca, O Noso Mesón, Perla do Muíño, Qubik e Raposo.




