O suceso produciuse sobre as 19:30 horas cando o vehículo no que circulaban os dous implicados sufriu un accidente. Un particular alertou aos servizos de emerxencia da ocorrencia.
O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazouse ao punto para valorar as lesións. Debido á gravidade das feridas do adulto, mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
O adulto foi trasladado en helicóptero medicalizado e o menor en ambulancia para recibir atención sanitaria nun centro hospitalario.
Ata o lugar tamén acudiron efectivos da Garda Civil de Tráfico, o Ges de Ponteceso, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e os Bombeiros de Bergantiños, que colaboraron nas tarefas de asistencia e seguridade.




