O servizo busca facilitar o desprazamento das veciñas do concello ao Hospital Abente y Lago da Coruña, onde se realizarán as probas. As mulleres citadas recibirán información vía SMS sobre os horarios e as paradas dispoñibles.
Ofreceranse dous horarios de saída para os desprazamentos: un para as citadas entre as 09.00 e as 10.00 horas, e outro para as citadas a partir das 12.30 horas. As paradas establecidas inclúen a Capela da Milagrosa, a estación de autobuses, a rúa Perú, a rúa Vázquez de Parga e Bértoa, diante da igrexa.
Os regresos organizaranse unha vez finalizadas as exploracións médicas. O programa galego de detección precoz de cancro de mama está dirixido a mulleres de 50 a 74 anos, e en 2024 acadou unha participación do 84,8 % en toda Galicia.




