A iniciativa cultural, que busca revitalizar a tradición musical galega e dinamizar o comercio local, dará comezo ás 20:00 horas na Praza das Toldas. Desde alí, os diferentes grupos participantes percorrerán varios puntos da vila, ofrecendo actuacións en directo.
Entre os colectivos que amenizarán a xornada atópanse as Pandereiteiras do Castelo, as Netas do Arnoia, as Xunquereteiras, o Lobo da Xente, Taboucas e Xolda. Estes grupos levarán a súa música a establecementos como a Porta Sacra, o Mioco, o Ondo Aspas, a Casa Rosa, a Fenda e a Cervexería, garantindo un ambiente festivo e cheo de tradición por toda a localidade.




