O partido comezou con dificultades para os de Fer Sánchez, que se viron por debaixo no marcador tras un erro defensivo que o equipo rival aproveitou para adiantarse. A tensión e os nervios apoderáronse do equipo, que non atopaba o seu ritmo de xogo.
Tras o descanso, o Monterroso saíu cunha actitude renovada. A igualada chegou cun potente disparo de Guaje desde fóra da área. A falta de dez minutos para o final, o equipo selou a vitoria cunha xogada similar que culminou Manu, asegurando así o seu billete para a fase de ascenso.
“"O triunfo dun pobo xunto ao rexurdir dunha base. Grazas por todo!"
Noutros encontros da xornada, o Outeiro de Rei tamén fixo os seus deberes ao vencer por 1 a 2 ao Xove Lago. O equipo visitante logrou remontar un gol inicial, demostrando a súa capacidade de reacción e sumando tres puntos importantes.
“"Con esta vitoria temos confianza de sobra para seguir crendo ata o final."
Pola súa banda, o Chantada Atlético asegurou a súa permanencia en Primeira Futgal tras superar ao Santaballés por 2-0. Un gol de Cañón de falta e outro de Porto desde o medio do campo sentenciaron o encontro. O Lourenzá tamén celebrou unha importante vitoria por 1-4 fronte ao Foz, que lles permite saír dos postos de descenso.




