A intervención contou cunha subvención de aproximadamente 15.000 euros, destinada a actuacións en espazos da Rede Natura 2000. Os traballos centráronse na substitución das varandas da parte superior da área e na renovación dos paneis informativos situados en diferentes puntos do espazo.
Estas actuacións complementan as realizadas durante o pasado ano, cando se procedeu á substitución das mesas, das papeleiras, das fontes e de parte das varandas. O obxectivo é continuar coa renovación progresiva dos elementos que integran este espazo, mellorando as instalacións para o uso da veciñanza e dos visitantes.
Estas actuacións teñen como finalidade conservar e acondicionar os espazos públicos do municipio, compatibilizando o seu aproveitamento como lugares de lecer coa protección e o respecto pola contorna natural na que se atopan.




