O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, sinalou que o Concello participa en Zamora no Foro Nacional de Intelixencia Artificial e Accesibilidade Universal, un evento centrado en temas onde se busca pór en valor e centrarse na persoa, abordando a intelixencia artificial e a súa regulación.
Vega subliñou a necesidade de vivir na realidade da intelixencia artificial, modernizar a administración local, reivindicar orzamentos ás administracións autonómica e provincial, e a importancia da formación e adaptación dos técnicos municipais.
Tamén se abordaron os dereitos das persoas, recalando que a intelixencia artificial non debe substituír á persoa e que debe existir unha regulación. Ribadeo moderou unha mesa de conclusións que tamén incluíu exemplos prácticos de traballo do Concello, como a contratación dunha persoa coa asociación Down de Lugo en alcaldía, promovendo a integración e oportunidades.
Ademais, destacou o proxecto de accesibilidade á praia dos Bloques coa Cruz Vermella, financiado pola Xunta de Galicia, que permitiu o desfrute da praia a todas as persoas grazas a material como cadeiras anfíbias e persoal de acompañamento.
O alcalde anunciou que se continuará traballando noutros areais e que a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) se fixou en Ribadeo polo seu modelo de accesibilidade nas rúas e praias, integración na contratación de persoas con síndrome de Down e modernización administrativa.




