As actuacións, que se levaron a cabo o mércores 2 de setembro, consistiron no apagamento da frecuencia do múltiple RGE2 (La 1 UHD, Clan, DKiss) na canle 41 e o acendido do múltiple MPE4 na canle 44 (Boing, Energy, Mega, Trece).
Coa entrada da Fase 1, prevista para o próximo 5 de novembro, o centro emitirá novas canles. Os veciños deberán realizar unha busca nos seus receptores de TDT. No caso das comunidades, podería ser necesario axustar a instalación colectiva.
As novas canles e frecuencias serán: Canle 26 (MPE1): Squirrel, Squirrel 2, Dmax, Veo7; Canle 28 (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, BeMad; Canle 31 (MUX AUTONÓMICO): TVG, G2, TVG UHD; Canle 32 (MPE2): A3, La Sexta, Neox, Nova, A3series; Canle 44 (MPE4): Boing, Energy, Mega, TreceTV; e Canle 47 (RGE1): TVE1, TVE2, Clan, 24h, TDP (Teledeporte).




