A titular de Mar, acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, explicou os prazos de tramitación para a licitación da obra. Villaverde confirmou que esta actuación é unha das once obras portuarias incluídas nos orzamentos da Xunta de Galicia para A Mariña lucense en 2027.
O proxecto técnico contempla a construción dun contradique de abrigo de 224 metros fronte ao porto pesqueiro. O obxectivo é dobre: reforzar as condicións de abrigo para mellorar a seguridade da frota pesqueira amarrada e das embarcacións recreativas fondeadas, e ampliar a lámina de auga abrigada, o que abre a porta á futura ampliación das instalacións portuarias.




